O SISTEMA SOLAR

BENVIDOS A UNHA VIAXE ESPECIAL!





Os alumnos/as de 3º de Educación Primaria, elaboraron o noso Sistema Solar. Con esforzo e traballo, conseguiron un grande resultado.






Durante a elaboración do mesmo, o entusiasmo e a dedicación, foron o ambiente predominante. Por unhas horas, os rapaces e as rapazas de terceiro, cunha pouca imaxinación e creatividade, "viaxaron" polo espazo. Percorreron un longo traxecto, desde o Sol ata Neptuno, pasando por Marte ou Xúpiter.






Esperamos que vós guste!

Rosalía de Castro

       Dado que este ano conmemóranse os 150 anos da publicación de Cantares Galegos, os nenos e nenas dos cursos de 1º e 3º de Educación Primaria estivemos estes días traballando sobre a súa autora, Rosalía de Castro.  Falamos sobre a súa vida, pero sobre todo dedicámoslle tempo a leer parte da súa obra. Foi moi intersante para todos e como actividade final realizamos uns murais que queremos mostrarvos. Esperamos vós gusten!
Mural elaborado polos nenos de 1º Primaria
Mural de 3º curso de primaria

Tamén recitamos algunhas poesías de Rosalía , a modo de homenaxe, e agora decoran a nosa aula...





Todos a LER

Hoxe 23 de abril celebramos o "Día do Libro". Esta é unha festividade que conmemoramos todos os anos pero este curso, fixemolo con moito interés porque desde o inicio do curso estamos buscando razóns para ler, algunhas: para imaxinar, para reír, para chorar, para aprender a pensar, para deter o tempo, para crear un mundo propio, para evadirnos, para ser o que non somos, para desterrar a melancolia, para coñecer outros mundos, para coñecernos a nos mesmos...
Algunhas das actividades que rematamos hoxe pero que xa comezamos en dias anteriores foron:
  • MERCADILLO DE LIBROS: De forma voluntaria, os alumnos trouxeron un ou varios libros que estiveran ben conservados, os dias de recollida foron durante toda a "Semana do Libro" que comezou o martes pasado. Por cada libro deuselleu un vale para usar hoxe, día do mercadillo. Os libros recollidos expuxéronse na biblioteca, clasificados por idades. Os alumnos con vales pasaron a canxealos por libros.
  • OS EDITORES: En cada clase formaronse grupos de 5 e 6 alumnos cada un. Cada grupo escribiu un conto, partindo dunha historia que decidiron entre todos. Nos próximos dias elaborarán a portada e contraportada e realizaranse todos os pasos necesarios para converterse nun libro: prólogo, dedicatoria, autores, título e índice.
  •  
  • MARCAPÁXINAS: Colorearon e decoraron distintos modelos de marcapáxinas para os seus libros. Cada un levaba a súa foto e escribiron unha cita célebre relacionada ca lectura e o gusto polos libros. 

PALABRAS EN LIBERDADE











O venres pasado o 2º ciclo de EP visitamos a exposición "Type in Motion" na Fundación Barrié. Recibimos moita información, divertíndonos dunha forma sorprendente e animándonos a prestar mais atención ao que lemos.
Vimos as tendencias mais destacadas no ámbito do texto en movimento, a través de videos musicais, peliculas publicitarias, curtametraxes, tráilers, taboleiros de anuncios electrónicos e fachadas mediais, postais dixitais e logotipos de todo o planeta. A exposición tamén inclúe experimentos con fontes de imprenta, presentados á maneira de instalacións interactivas, permitíndonos así albiscarnos o futuro.
Ao final da visita, no obradoiro didáctico, os alumnos en grupos, tiñan que pensar nunha serie de palabras,que representarian con diferentes materiais. Cada paso fotografiouse e ao final fíxose unha película. As actividades desenvolvidas podedelas ver en http://typeinmotionblog.fbarrie.org/
Dúas cousas chamaronnos moitisimo a atención o marxe da exposición:
1º) O falso teito de cadeiras colgadas, que en realidade e un almacenamento de todas as cadeiras da fundación, de maneira que cando as baixan teñen un salón de actos con 165 cadeiras e cando se suben, unha sala polivalente.
2º) Unha das monitoras (Alba) estudiou no colexio e contoulles aos nenos como era antes (o chandal que tiña, os profes ós que mandoulles saúdos: Conchita, Soco, D. Victor, D. Manuel...), propiciando un clima cordial e cercano. A visita foi un éxito rotundo. Repetimos!!!
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO


O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).
As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".
O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.
O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.
Actividades a desenvolver nestes días e no centro

24 de febreiro DIA DE ROSALÍA

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora. A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o Mahatma Gandhi. Por iso o 30 de xaneiro de cada ano celébrase O Día Mundial da Paz. Tamén o 30 de xaneiro se celebra o Día Escolar da No-violencia e a Paz. O centro desexaría celebralo con libros e cine.

ANO DA MÚSICA

Ano da Música from culturavideos on Vimeo.

Embaixadores de Galicia from culturavideos on Vimeo.

CENTRO BILINGÜE

           O proxecto, ten como finalidade que os alumnos sexan capaces de expresarse con fluidez e funcionalidade en situacións cotiás en lingua inglesa, e iso lévase a cabo cunha ampliación de horarios e contidos na lingua inglesa.
           Pretendemos compaxinar o mantemento dun alto nivel de adquisición de coñecementos nas distintas áreas, co incremento nas competencias dos alumnos no referente ao inglés. Queremos que os nenos escoiten e falen esta segunda lingua de xeito natural e espontáneo dende unha idade moi temperá.


           A sección bilingüe irase implantando progresivamente nos anos sucesivos (2º primaria curso 2012-2013, 3º primaria 2013-2014 e así sucesivamente). A idea é seguir na Etapa de Secundaria Obrigatoria ao incorporarse a ela os alumnos que seguiran o proxecto dende primaria, momento no que se pediría autorización para a implantación das seccións bilingües na ESO. Igualmente estudaremos ampliar na etapa de Educación Infantil a implantación dun proxecto bilingüe que poida facilitar a continuidade dos alumnos en Primaria



SEMANA DO LIBRO

Este ano para celebrar a "Semana do Libro", colaboramos con "Save the Children", facendo MARCAPÁXINAS PARA A SOLIDARIDADE. Foi unha proposta de educación en valores solidarios, elaborando contos sobre os dereitos dos nenos en Costa de Marfil e completando, con debuxos, textos, collages, fotos, colores..., uns marcapáxinas. Estes estaban firmados por autores como Soledad Puertolas, Mario Vargas Llosa, Andrés Neuman e Eduardo Galeano. Levaban unha cara en branco para que os decoraran como quixeran, unha vez rematados leváronos para ofrecérllelos ós seus pais, amigos, tíos... que se converteron en "lectores solidarios" dando a cantidade que quixeron por cada marcapáxina. Todo o recaudado ingresamolo a favor de Save the Children.

As actividades desenvolveronse do 11 ó 15 de Abril. Tamen tivemos "Explosión de contacontos", implicando a todo o colexio desde EI ata ESO; durante unhas horas todas as clases foron contacontos e ointes.

Os obxectivos que perseguimos foron: Promover o gusto pola lectura. Inculcar valores solidarios. Desenvolver un espírito crítico, que permita coñecer a situación da infancia en países empobrecidos. Recadar fondos destinados a reconstrución de escolas en Costa de Marfil, proporcionar atencións básicas de saúde, protección e educación que lles permita ter esperanzas e oportunidades no futuro.

Si queremos que a un niño no le guste la lectura no deberemos....


  1. Olvidar lo que el niño sabe cuando le enseñamos a leer.

  2. Enseñar a leer desdeñando la comprensión.

  3. Obligar a leer sin dar tiempo para la lectura libre.

  4. Poner el acento en el descifrado y no en el razonamiento.

  5. El mercantilismo lector: hacer siempre algo después de leer (trabajo, resumen, ficha...).

  6. Enfrentar lectura y TV, videojuegos y ordenadores.

  7. Demonizar los cómics.

  8. Considerar al lector un sujeto pasivo que lee lo que le dice el maestro y como éste le obliga a hacerlo.

  9. Leer en voz alta sin haber dominado y comprendido previamente el texto.

  10. Obligar a leer a todos al mismo ritmo, con la misma entonación y con igual velocidad.

  11. Fundamentalismo lector: leer os hará más libres, mejores personas, soñar, vivir aventuras fantásticas...

  12. Hipocresía adulta: ¿por qué no nos ven leer?.

  13. Utilizar materiales de lectura anodinos y complejos.

  14. Desatender el derecho del niño a que le cuenten y le lean.

  15. Olvidar que la narración oral lleva a la pasión lectora.

  16. Privar al niño de la posibilidad de crear y contar sus propias historias y poemas.

  17. Igualar los estómagos lectores ("el bebe no come fabada").

  18. Olvidar que el niño es único e irrepetible.

  19. Imponer nuestros gustos lectores.

  20. Ahogar imaginación infantil con textos e ilustraciones planas.

  21. Transformar el libro en elemento de tortura.
Kepa Osoro
    O día 4 de abril fomos ver a RICARDO FRAZER, ACTOR - MAGO - DIRECTOR - MENTALISTA - PROFESOR - CANTAUTOR. A súa actuación foi adicada á Xeración do 27.
    Os alumnos de 4º de ESO tiveron a ocasión de disfrutar do arte escénico deste gran actor.
     Os alumnos, como despois nos dixeron, sorprendeulles a vestimenta, os efectos de son e a luz que acompañan aos diferentes personaxes que saen á escea, así como a transformación noutros personaxes da literatura ou da música.  Os alumnos disfrutaron, aprenderon e coido que se emocionaron con poemas de Miguel Hernández, García Lorca, e León Felipe, entre outros. E que decir del Dalí que o vimos no escenario.....

Número de visitas